Trátase dun laboratorio de ideas que está formado por persoas coñecedoras dos diversos ámbitos da cidade e que temos en común o desexo de contribuír cos nosos coñecementos e experiencia a xera ideas creativas que poidan achegar novos enfoques ao pensamento urbano actual e á súa proxección cara ao futuro.
É, por dicilo así, o núcleo duro prol ser o que achega coñecemento ao proceso e funciona como un foro permanente para xerar ideas e proxectos innovadores, e achegar contidos aos restantes instrumentos da Asociación. Está formado por profesionais de diversos ámbitos implicados no progreso da cidade e que por iso participan no noso debate e actividades. Ten un carácter independente e plural e a súa tarefa é saber ler o presente para interpretar o futuro. Funciona en grupos de traballo e en rede.