Como xa se comentou a nosa filosofía baséase na creatividade social e, por iso, queremos que sexan os cidadáns os que participen creativamente no deseño do proxecto urbano, xa que a creatividade foi, sen dúbida, o factor que máis contribuíu á expansión e o liderado das cidades a través da historia.
E a creatividade social é unha acción compartida de xeración de ideas, iniciativas, propostas e proxectos pensados para mellorar a cidade. Para iso creamos tres instrumentos proactivos.
Trátase dun laboratorio de ideas que está formado por persoas coñecedoras dos diversos ámbitos da cidade e que temos en común o desexo de contribuír cos nosos coñecementos e experiencia a xera ideas creativas que poidan achegar novos enfoques ao pensamento urbano actual e á súa proxección cara ao futuro.
É, como o seu nome indica, un punto de encontro para propoñer, debater e promover iniciativas que aporten solucións aos problemas e retos que a cidade ten expostos. É, por tanto, un instrumento participativo de tipo presencial e nel participan representantes dos ámbitos sociais económicos, políticos, culturais e dos movementos asociativos urbanos.